lunes, 28 de enero de 2013

O ESTEO F.S. -- RIBEIRA DE PIQUÍN


O ESTEO FS: Choto, Pelu, Pellón, Fran, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Gerardo e B olly.
RIBEIRA F.S.: Moreno, Sebas, César, Ismael, David Solla –cinco inicial- Quini, Dani e David Roibás.
ÁRBITROS: Pena Pereira e Amor Vizoso (Ferrol). Amoestaron con tarxeta amarela a Dani, do Ribeira. Foi expulsado, por vermella directa o visitante David Roibás.
GOLES: Min. 8 (1-0), Fran. Min. 9 (1-1), Ismael. Min. 13 (2-1), Rubi. Min. 14 (3-1), Bolly. Min. 22 (3-2), César. Min. 25 (4-2), Pelu. Min. 27 (5-2), Gerardo. Min. 28 (5-3), Ismael. Min. 38 (5-4), Sebas. Min. 40 (6-4), Pellón (dobre penalti).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo oitava xornada de liga da Terceira División disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados, uns 250 espectadores nas gradas.

Con máis dificultades das previstas, o Esteo quedouse cos tres puntos diante do Ribeira, equipo que, cunha boa táctica, estivo a piques de dar a sorpresa no pavillón da Fraga. A pesar de que os dous equipos contaban con baixas, realizaron un bonito e emocionante partido. Os lugueses cun xogo alegre e aberto, a veces con risco para a súa portería, mereceron algo máis neste partido que o enfrontaba ó intratable líder da categoría, que tras esta vitoria e a derrota do Pazos de Borbén na Pontenova, é cada vez máis candidato ó título de liga e ó ascenso. Teríanse que torcer moito as cousas para que o Esteo non lograse ese tan desexado ascenso.
Os ponteses foron sempre por diante no marcador chegando ó descanso con vantaxe de 3-1, con tantos de Fran, Rubi e Bolly, mentres que Ismael marcou para o cadro de Ribeira de Piquín, conxunto que a partir do minuto trece de partido puxo o porteiro-xogador, unha arriscada táctica que vén aplicando ó longo do campionato, a veces dende o inicio do partido. Ó pouco de iniciarse a segunda parte acurta diferenzas César, pero de novo Pelu e Gerardo distancian ós ponteses, un resultado que semellaba íase incrementar. Sen embargo o bo xogo do Ribeira puxo nos minutos finais un perigoso 5-4 con goles de Ismael e Sebas. No segundo final do partido os lugueses cometen falta. O dobre penalti transfórmao Pellón poñendo o 6-4 definitivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario