jueves, 21 de marzo de 2013

O ESTEO & RECECENDE


Esta fin de semana o equipo de O ESTEO F.S. pode facer algo moi grande posto que se consegue gañar o Rececende proclamaráse campión de liga matemáticamente e mais o tan ansiado ascenso a segunda división B. Este equipo que comenzou a súa andadura fai uns 8 anos, este ano formou unha canteira na que disfrutan do fútbol sala uns 60 rapaces polo que esta tempada ten un carácter moi especial para toda a entidade, polo que todos os COMPOÑENTE DESTE CLUB QUEREMOS PEDIR O MAXIMO APOIO A TODOS OS AFECIONADOS E SIMPATIZANTES DO DEPORTE PONTES PARA CONSEGUIR ALGO MOI ESPERADO POR TODA A PLANTILLA. Conseguir ter outra vez un equipo da localidade un pouco máis arriba.

Axudanos, contigo nas bancadas podemos.



miércoles, 13 de febrero de 2013

O ESTEO F.S. VIVEIRO F.S.


O ESTEO F.S.  10         VIVEIRO F.S.  0

O resultado final reflicte o que sucedeu no partido entre ponteses e viveirenses, total dominio do conxunto das Pontes de principio a fin, que ó descanso xa vencían por un contundente 5-0, con goles de Bolly, Fran, Pellón e dous de Rubi. Na segunda metade continuou o dominio absoluto dos ponteses sobre un Viveiro que pouco puido facer ante o intratable líder da categoría. Nesta segunda parte marcaron Fran e Pelu, por partida dobre, ademais de Rubi que marcou o terceiro da súa conta particular.
O Esteo segue na primeira posición, agora con doce puntos sobre os inmediatos perseguidores, xa que todos pincharon nesta xornada. O Vilalba venceu pola mínima (1-0) ó Pazos de Borbén e perderon na casa o Xove diante do Ventorrillo (2-5) e o 5-Coruña ante o Bueu (3-5), ó que visitarán os ponteses na vindeira xornada.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pellón, Héctor, Pelu, Gerveno e Iván.
CIDADE DE VIVEIRO: Miguel, David, Antonio, Manuel A., David Díaz –cinco inicial- Pablo, Marcos, Mateo e Manuel.
ÁRBITROS: Dans Rey e Corrochano Ibáñez (A Coruña).
GOLES: Min. 1 (1-0), Bolly. Min. 5 (2-0), Fran. Min. 8 (3-0), Rubi. Min. 9 (4-0), Rubi. Min. 13 (5-0), Pellón. Min. 22 (6-0), Fran. Min. 30 (7-0), Rubi. Min. 33 (8-0), Pelu. Min. 37 (9-0), Pelu. Min. 38 (10-0), Fran.
INCIDENCIAS: Partido da Terceira División de fútbol sala disputado este sábado no pavillón da Fraga, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados.

lunes, 4 de febrero de 2013

BURELA "B" O ESTEO F.S.


BURELA B: Brais, Diego, Bruno, Carlos, Fabio –cinco inicial- Andrés, Eloy, Antón e Helder.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Bolly, Pelu e Héctor.
ÁRBITROS: Saa Mateo e Franco Veiga (Lugo). Amoestaron con tarxeta amarela a Carlos e Pellón.
GOLES: Min. 20 (1-0), Bruno. Min. 30 (2-0), Fabio. Min. 36 (3-0), Fabio. Min. 39 (3-1), Héctor. Min. 40 (4-1), Diego.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo novena xornada de liga da Terceira División disputado este sábado no polideportivo de Vista Alegre, de Burela, que rexistrou unha entrada duns cen espectadores.

Cada vez que no Esteo se organiza un evento no club, derrota segura. Pasou en Vilalba hai unhas xornadas e sucedeu este sábado en Burela. Á marxe desta anécdota, o conxunto pontés non estivo nada fino no encontro que o enfrontaba ó Burela B, equipo moito máis enchufado e que acabou goleando ós ponteses nun encontro con xogo igualado, sobre todo na primeira metade con ocasións para os dous equipos. Sen embargo, tan só un tanto subiría ó marcador. Foi a falta de vinte segundos para o descanso nun barullo na área pontesa que aproveitou Bruno para marcar. Nestes vinte segundos terían os ponteses dúas claras ocasións para lograr algún gol. Na segunda parte o Esteo saíu a por todas e meteu ó Burela na súa parcela creando moitas oportunidades para anotar, pero as intervencións do meta Brais desbarataron todo intento. Ós dez minutos, unha perda de balón serve ó cadro lugués para marcar o segundo tanto e posteriormente o terceiro, os dous por obra de Fabio. Este marcador adverso complicaba as cousas para o Esteo, que se ve obrigado a sacar porteiro-xogador, momento no que consegue o único tanto do partido por mediación de Héctor. Xa no minuto final o Burela establece o definitivo 4-1 con gol de Diego.
Pese á derrota, a terceira do campionato, os ponteses seguen na primeira posición cunha cómoda vantaxe de nove puntos sobre os inmediatos perseguidores, Xove, Pazos de Borbén e 5-Coruña. Na vindeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Cidade de Viveiro.


lunes, 28 de enero de 2013

O ESTEO F.S. -- RIBEIRA DE PIQUÍN


O ESTEO FS: Choto, Pelu, Pellón, Fran, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Gerardo e B olly.
RIBEIRA F.S.: Moreno, Sebas, César, Ismael, David Solla –cinco inicial- Quini, Dani e David Roibás.
ÁRBITROS: Pena Pereira e Amor Vizoso (Ferrol). Amoestaron con tarxeta amarela a Dani, do Ribeira. Foi expulsado, por vermella directa o visitante David Roibás.
GOLES: Min. 8 (1-0), Fran. Min. 9 (1-1), Ismael. Min. 13 (2-1), Rubi. Min. 14 (3-1), Bolly. Min. 22 (3-2), César. Min. 25 (4-2), Pelu. Min. 27 (5-2), Gerardo. Min. 28 (5-3), Ismael. Min. 38 (5-4), Sebas. Min. 40 (6-4), Pellón (dobre penalti).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo oitava xornada de liga da Terceira División disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados, uns 250 espectadores nas gradas.

Con máis dificultades das previstas, o Esteo quedouse cos tres puntos diante do Ribeira, equipo que, cunha boa táctica, estivo a piques de dar a sorpresa no pavillón da Fraga. A pesar de que os dous equipos contaban con baixas, realizaron un bonito e emocionante partido. Os lugueses cun xogo alegre e aberto, a veces con risco para a súa portería, mereceron algo máis neste partido que o enfrontaba ó intratable líder da categoría, que tras esta vitoria e a derrota do Pazos de Borbén na Pontenova, é cada vez máis candidato ó título de liga e ó ascenso. Teríanse que torcer moito as cousas para que o Esteo non lograse ese tan desexado ascenso.
Os ponteses foron sempre por diante no marcador chegando ó descanso con vantaxe de 3-1, con tantos de Fran, Rubi e Bolly, mentres que Ismael marcou para o cadro de Ribeira de Piquín, conxunto que a partir do minuto trece de partido puxo o porteiro-xogador, unha arriscada táctica que vén aplicando ó longo do campionato, a veces dende o inicio do partido. Ó pouco de iniciarse a segunda parte acurta diferenzas César, pero de novo Pelu e Gerardo distancian ós ponteses, un resultado que semellaba íase incrementar. Sen embargo o bo xogo do Ribeira puxo nos minutos finais un perigoso 5-4 con goles de Ismael e Sebas. No segundo final do partido os lugueses cometen falta. O dobre penalti transfórmao Pellón poñendo o 6-4 definitivo.


viernes, 25 de enero de 2013

O ESTEO F.S. --- RIBEIRA DE PIQUIN

Esta fin de semana o equipo Pontes  medirase na casa o Ribeira de Piquín, un equipo que desexa lograr os tres puntos no casa do líder da categoría, para poder seguir detrás dos primeiros postos, este equipo atópase na actualidad na sétima posición a 14 puntos do lider. O Esteo pola contra tentará gañar para manter a súa posición de líder e así poder seguir co ascenso tan soñado polos xogadores e a afección.
Este partido disputaráse no Pavillón municipal da Fraga o Sábado 26 ás 17:30 h.

jueves, 24 de enero de 2013

EYPAR ---- O ESTEO F.S.



JORNADA  16  (12/01/13) 

PABELLON  MUNICIPAL  DE  MELIDE

EYPAR  F.S.  3  O ESTEO F.S.  6

Cinco inicial EYPAR F.S.: Marcos, Borja, Fernando, Sergio y Manuel (A); también jugaron Javier, Alberto, Daniel, Xurxo, Carlos y Oscar.   
 
Cinco inicial O Esteo F.S.: Chotto, Pellón, Fran, Bolly y Rubi; también jugaron Gerardo, Gerveno, Pelu, Ivan y Santi.

TROS: Corrochano Ibañez, Dans Rey, Fernández Vázquez (A Coruña)

GOLES:

(1ºT) 1-0 Sergio 4’19’’, 1-1 Fran 6’15’’, 1-2 Fran 9’26’’, 1-3 Rubi 18’44’’.

(2ºT) 2-3 Borja 3’26’’, 2-4 Rubi 5’42’’, 2-5 Bolly10’20’’, 2-6 Pellón 11’38’’, 3-6 Oscar 12’40’’.

Crónica

Victoria de O Esteo ante el colista, en un mal partido de los ponteses que no lograron hacer su juego, pero tuvieron más efectividad que el melide. El partido empezó con una ocasión clarísima para Bolly que se fue fuera por poco. A partir de ahí los locales tuvieron varias ocasiones claras al contraataque en las cuales Chotto hizo buenas paradas. A los 4 minutos Sergio hacia el primero en una falta indirecta. Los locales estaban muy encerraditos atrás y salian con peligro a la contra, los ponteses no daban hecho su juego de ataque. Franin empataba y lograba el 1-2 en dos buenas jugadas colectivas. Rubi de fuerte disparo lograba el 1-3 de fuerte disparo, así se llegaba al descanso, estaba siendo un partido con muchas ocasiones, pero poca efectividad. En la segunda parte el melide a poco de empezar lograba marcar el 2-3 de fuerte disparo. A partir de ahí los ponteses cambiaron de sistema y pasaron de jugar en media pista a presionar todo el campo y empezaron a dominar con más claridad, los locales no daban salido de la presión. Rubi, Bolly y Pellón lograban distanciar al Esteo en el marcador. Oscar a falta de 7 minutos lograba el definitivo 3-6.

En resumen, mala primera parte de los ponteses que no encontraron su juego ni en ataque ni en defensa, aun así tuvieron más efectividad que el melide para irse al descanso 1-3- En la segunda parte los locales acortaban distancias pero los ponteses subieron la línea de presión y no pasaron apuros como en la primera mitad. Destacar el debut con el primer equipo del juvenil Santi.

Con este resultado los ponteses se distancian en 7 puntos del 2º clasificado Pazos que empato 5-5 con el Ventorrillo, y siguen a 9 puntos del 5 Coruña que visita al Esteo en la próxima jornada en un encuentro muy importante para los ponteses en el cual de ganar distanciarían en 12 puntos a uno de los favoritos al ascenso